Amigus%20lab
Amigus Labs • Fab Lab As Pontes
Praza Hospital 14, As Pontes de García Rodríguez, La Coruña, 15320, Spain
Lab Details
Nearby labs

A Asociación Informática Amigus creouse no ano 2002 por un grupo de veciños de As Pontes interesados no uso das novas tecnoloxías, informática e Internet, e co obxeto, entre outros, de promover o uso da informática e o software e hardware libre.

Dende aquela, Amigus organizou gran cantidade de charlas e obradoiros para os socios e veciños da localidade, así como diversas parties informáticas.

No ano 2010, dende a democratización tecnolóxica e o acceso a tecnoloxías antes inaccesibles, comenzamos a crear o que é, a día de hoxe, Amigus Labs, un Fab Lab, laboratorio de arte e creación dixital, un espazo onde makers, comunidades tecnolóxicas e empresas dispoñen do equipamento necesario para poder levar a cabo os seus proxectos. Un punto de encontro onde aprender, compartir e construir.

Amigus Labs xunta a persoas curiosas e con ganas de aprender nun entorno de traballo amigable, con acceso á tecnoloxía e compañeiros que cooperan na materialización dos diferentes proxectos.

En definitiva poñemos en contacto persoas, promovemos ideas e proxectos, e facilitamos o acceso á tecnoloxía e a diversos recursos.

Lab Capabilities
  • 3D printing
  • CNC-Milling
  • Circuit production
  • Precision milling
  • Vinyl cutting

Discuss this Lab on discuss.fablabs.io